A INICIATIVA PRESENTOUSE HOXE NA RÚA HÓRREO
“O comercio vai de festa”, nova iniciativa do CCA para seguir enchendo de dinamismo as rúas de Carballo
37 establecementos participarán o día 27 nunha xornada de portas abertas na que haberá agasallos, sorpresas e animación de rúa
Xoves 18 de outubro do 2018 Carballo ao día
A presentación da iniciativa tivo lugar na rúa Hórreo
Sorteos, agasallos, espectáculos de rúa, sorpresas... Mesturar todas estas cousas é posible grazas a unha nova iniciativa do Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo para seguir enchendo de dinamismo a nosa vila: o vindeiro sábado 27 O comercio vai de festa coa colaboración do Concello de Carballo, a través da Oficina de Promoción Económica (OPE); a Deputación da Coruña e a Xunta.
A iniciativa presentouse hoxe na rúa Hórreo, na que xa puidemos ver un anticipo do que será o sábado 27. Un total de 37 establecementos, algúns deles representados no acto, terán as portas abertas de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas para facilitar as compras e para agasallar á súa clientela con sorpresas. Ao mesmo tempo, durante toda a xornada a compañía de Pablo Méndez Performances levará a cabo en distintos espazos urbanos intervencións. “Todas as actividades son agasallos para unha clientela á que queremos agradecer todo o seu apoio ao pequeno comercio nunha vila como a nosa, cun Centro Comercial Aberto con calidade e variedade contrastada”, subliñou o presidente do CCA, Ricardo Pallas.
Evencio Ferrero animou a veciños/as e visitantes a comprar en Carballo
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, expresou a satisfacción do Concello de Carballo por contar “cun comercio tan forte, tan vivo e que ademais ten tanto espírito innovador”, e felicitou ao CCA pola iniciativa, “porque sacar o comercio á rúa é reivindicarse a un mesmo, reivindicar que se compre en proximidade, porque as vilas que teñen comercio _e, por desgraza, xa non son poucas o que o van perdendo neste país_ son vilas con rúas alegres e máis seguras”.
O alcalde, Evencio Ferrero, pechou o vistoso acto de presentación, reivindicou que “a rúa é para desfrutar, os espazos públicos son para usar, para convivir”. O rexedor cualificou o comercio de proximidade como un dos aspectos que definen a relevancia dunha vila, e nese sentido destacou que en Carballo “estase reforzando o comercio local” e felicitou ao CCA pola capacidade de innovación e de unión do sector.
Participantes
A compañía de Pablo Méndez ofreceu un anticipo das performances que haberá o día 27
- Star Center
- Adamela
- Atmósfera Sport
- Todo Lar
- Calvelo Regalo
- Alexi
- Dress
- Joyería Calvelo Seoane
- Deportes San Remo
- Mundo Kids
- Atelier
- Poppy
- Perfumerías Garrote
- Zocas
- Esprit
- Mmm! Xeados
- -15
- Mímate
- Zapatería Esther
- Akira
- D&A Complementos
- Multióptica
- Zapatillería Isabel
- rincón de María
- Tejanos.com
- armario de Pati
- Alonso Moda
- A fragua de Mó
- DV Carballo
- Para ti cosméticos
- Amai Store
- Miriñaque
- Bambalina
- Sueño de Hadas
- Bámbola
- Style
- Retoños