Inicio Carballo ao día Hemeroteca A rotonda de acceso desde Bértoa...

OBRAS

A rotonda de acceso desde Bértoa será definitiva

Martes 20 de xuño do 2006

A rotonda será movida lixeiramente desde a súa ubicación inicial para falicitar o xiro de camións e autobuses. O Concello ten pensado dotar á glorieta dun elemento que sirva de distintivo e de símbolo de benvida á localidade. Ademáis das obras da rotonda, operarios municipais traballaron no asfaltado das principais rúas do casco urbano co obxectivo de que ofrezan a súa mellor cara para o inicio das festas do San Xoán. Tamén no día de onte iniciouse o safaltado do aparcamento do Pazo da Cultura e comezarán os traballos de mellora na rúa Grabador Manuel Facal, que permitirá o enlace entre a Gran Vía e a Villa de Negreira.

Compartir: