Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alumnado da Escola Municipal de...

O alumnado da Escola Municipal de Hostalaría sae á rúa para compartir a súa experiencia coa veciñanza

O alumnado de cociña ofrecerá dúas presentacións-showcooking os xoves 16 e 23 no Mercado Municipal

Martes 14 de maio do 2019 Carballo ao día

Este xoves serviranse petiscos de empanada de mexillóns da terra

Este xoves serviranse petiscos de empanada de mexillóns da terra

O alumnado da Escola Municipal de Hostalaría continúa superando retos. Nos últimos meses, as instalacións do Fórum Carballo nas que estamos a formar a 15 novos/as profesionais da cociña son máis ca un lugar de aprendizaxe, porque xunto á formación teórica e, fundamentalmente, práctica que están a recibir sobre cociña, os/as futuros/as cociñeiros/as tamén están aprendendo a relacionarse co público. Degustaciós de petiscos, almorzos, banquetes... xa levan feito un pouco de todo.

Agora xa están preparados/as para dar un paso máis e para compartir a súa experiencia coa veciñanza. Este xoves e o vindeiro, é dicir, os días 16 e 23 de maio, o alumnado da Escola Municipal de Hostalaría ocupará o espazo da antiga tenda de ultramarinos do Mercado Municipal para convertelo no escenario de dúas presentacións-showcooking abertas a toda a cidadanía.

Para este xoves prepararán Empanada de mexillóns da terra e Espuma de coliflor con abadexo a baixa temperatura e allada, dous petiscos que se servirán de balde dende as 10.30 ata as 12.30 horas ou ata fin de existencias. Ademais de probar dous pratos elaborados polo alumnado, o público poderá coñecer máis de preto a Escola Municipal de Hostalaría, que en breve abrirá o prazo de inscrición para o curso que vén.

Compartir: