Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comezan os cursos intensivos de verán de...

PROGRAMACIÓN DEPORTIVA

Comezan os cursos intensivos de verán de natación do Padroado Deportivo Municipal

Martes 4 de xullo do 2006

No tocante aos cursos de iniciación para adultos, o de mañán impártese os martes, mércores e xoves de 09.00 horas a 09.45 horas. No tocante aos da noite, hai dous turnos tamén os martes, mércores e xoves. Un de 20.30 horas a 21.15 horas e outro de 21.30 horas a 22.15 horas. No que respecta aos cursos para nenos hai tres modalidades distintas. Un curso para nenos de 6 a 8 anos, a celebrar os martes, mércores, xoves e venres de 10.00 horas a 10.45 horas. Outro para nenos de 9 a 14 anos, a desenvolver no mesmo horario e días que o anterior, e dicir, os martes, mércores, xoves e venres de 10.00 horas a 10.45 horas. Por último, hai un terceiro curso para nenos de 3 a 5 anos, divididos en dous grupos. Os dous celébranse os martes, mércores, xoves e venres, sendo o horario para o primeiro grupo de 11.00 horas a 11.45 horas, e para o segundo grupo de 11.45 horas a 12.30 horas. Todos os cursos desenvólvense na piscina VIla de Noia.

Compartir: