Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinado o convenio de colaboración anual...

Asinado o convenio de colaboración anual entre o Concello e a ADC Voleipraia Costa da Morte para o fomento do deporte

As Escolas deportivas de voleipraia desenvolveranse do 15 de xuño ao 15 de setembro na praia de Razo

Martes 4 de xuño do 2019 Deporte

Rosalino Mariño e Evencio Ferrero

Rosalino Mariño e Evencio Ferrero

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o presidente da Asociación Deportiva e Cultural Voleipraia Costa da Morte, Rosalino Mariño, veñen de asinar un novo convenio de colaboración para o desenvolvemento das Escolas deportivas de voleipraia, que se desenvolverán do 15 de xuño ao 15 de setembro na praia de Razo de xeito gratuíto e para participantes de todas as idades.

O Concello de Carballo achega unha subvención de 4.500 euros.

Compartir: