Inicio Carballo ao día Hemeroteca Tramitadas 306 licenzas para a construción...

VIVENDA

Tramitadas 306 licenzas para a construción de vivendas no segundo trimestre de 2006

Mércores 5 de xullo do 2006

As cifras superan xa as totais do ano 2004, no que se concederon licenzas para 215 vivendas novas en edificios e 48 vivendas unifamiliares nas zonas de núcleos rurais. Os datos volven a confirmar a evolución do sector da construción na localidade. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, manifestou ao respecto que "Carballo segue a manter bos parámetros de crecemento e confirma a tendencia alcista como motor socioeconómico da zona. Estes datos son unha boa noticia e veñen a complementar outros como a ampliación do polígono industrial de Bértoa, que xerará riqueza e emprego e fará que sigamos camiñando nesa dirección de crecemento de poboación e desenvolvemento socieconómico e industrial".

Compartir: