Inicio Carballo ao día Hemeroteca A bandeira da diversidade sexual volverá a...

O CONCELLO DE CARBALLO APOIA O MANIFESTO DA FEGA

A bandeira da diversidade sexual volverá a ondear neste 28 de xuño na fachada da Casa do Concello

A Concellaría de Igualdade súmase á campaña da Deputación “Liberdade de ser e sentir” e sorteará 10 lotes de produtos de merchandising co lema da iniciativa

Xoves 27 de xuño do 2019 Carballo ao día

Carballo é un concello comprometido coa igualdade e coa diversidade, e por iso este 28 de xuño, Día Mundial da Diversidade Sexual, a bandeira multicolor volverá a ondear na fachada da Casa do Concello. “Queremos sumarnos a esta celebración no compromiso deste goberno municipal coa igualdade de dereitos de todas as persoas, sexa cal sexa a súa orientación afectiva e/ou sexual ou identidade de xénero”, indica a concelleira de Igualdade, Benestar e Sanidade, Maica Ures. Ao mesmo tempo, desde a área de Igualdade e Benestar aprovéitase esta data para pedir “respecto, dignidade e autoestima para todas as persoas”.

Un ano máis, á parte de colocar a bandeira da diversidade sexual, o Concello de Carballo súmase á campaña promovida dende a Deputación Provincial da Coruña, nesta ocasión co lema Liberdade de ser e sentir. E para implicar á cidadanía neste obxectivo, a Concellaría de Igualdade organizara un pequeno concurso nas redes sociais, en concreto en Facebook e Instagram. Abondará con que as persoas participantes sigan ao Concello de Carballo, dean un gústame á publicación con esta información e deixen un comentario cunha imaxe e/ou unha frase alusiva á data. Os/as cinco que obteñan máis gústame en cada rede recibirán un kit composto por unha camiseta, unha bolsa de tela, un autocolante e unha chapa.

No Concello de Carballo tamén facemos noso o manifesto da Fegamp, que acompaña esta nova.

Kit para o concurso

Kit para o concurso

Ligazóns

Compartir: