Inicio Carballo ao día Hemeroteca Unha ruta cultural polas parroquias de Oza, Razo...

Unha ruta cultural polas parroquias de Oza, Razo e Lema abriu o programa medioambiental "Eu quero Razo Baldaio"

Despois desta primeira actividade, coordinada por Senda Nova, este sábado Hábitat convídavos a coñecer a píllara das dunas

Xoves 4 de xullo do 2019 euqueroRB

Os participantes visitaron a igrexas de Oza e Lema

Os participantes visitaron a igrexas de Oza e Lema

A primeira actividada do programa Eu quero Razo-Baldaio reuniu a 25 persoas para descurir Os segredos culturais da costa carballesa nunha ruta guiada pola Asociación Ambiental Senda Nova, unha das tres, xunto con Adega e Hábitat, que colaboran co Concello de Carballo para o desenvolvemento deste programa.

A actividade, tal como explica Senda Nova, realizouse en autobús e a pé para intentar aproveitar ao máximo as tres horas de duración. O grupo saíu do Espazo da Natureza de Oza rumbo ás Torres. "Non son moitos os vestixios que quedan da fortificación tan importante que alí se atopaba, pero si que grazas a toponimia e aos restos das edificiacións que aínda se conservan puidemos interpretar o lugar e achegarnos a importancia histórica que este pequeno núcleo alberga", explica Senda Nova.

A través desta actividade convidouse ás persoas participantes a reflexionar sobre a relación entre os diferentes lugares e sobre a influenza das distintas culturas no territorio e na sociedade. "Un claro exemplo disto que comentamos vímolo na segunda parada, que tivo lugar na igrexa de San Breixo de Oza, onde puidemos achegarnos aos paralelismos entre algunhas características do catolicismo, con outras culturas e rituais precristiáns", apunta Eva Cameán, de Senda Nova. O grupo visitou a igrexa por dentro e desfrutou do fermoso retablo barroco do século XVII que vén de ser restaurado.

O peto de ánimas, o pazo de Cambrelle, o Castro de Castrillón, a capela de Santa Irena ou a igrexa de Lema foron outros dos lugares de interese que visitaron. "Foi un auténtico pracer compartir unha magnífca mañá de sol con tan grata compaña, cunhas participantes entregadas, interesadas e sempre sumando a actividade as cales lles agradecemos o esforzo e a participación. Só nós queda convidarvos a que participedes en todas as accións que quedan por diante, e que este mesmo sábado continúan cunha actividade sobre a Píllara das Dunas de man das compañeiras do Grupo Naturalista Hábitat", lembran dende Senda Nova.

Compartir: