Inicio Carballo ao día Hemeroteca O servizo municipal de control de pragas retirou...

O servizo municipal de control de pragas retirou no mes de xuño 27 niños de avespa velutina

A cifra anual de niños primarios ascende xa a 62

Luns 8 de xullo do 2019 Carballo ao día

Niño primario

Niño primario

Malia a intensa campaña de trampeo, na que foron capturadas un total de 12.511 raíñas, a avespa velutina non dá tregua ao servizo municipal de control de pragas, que o mes pasado retirou outros 27 niños, 22 deles primarios. A práctica totalidade foron localizados en alpendres e outras construcións auxiliares, aínda que tamén houbo emprazamentos singulares como a igrexa de Entrecruces. Agás dous no casco urbano de Carballo, todos os niños apareceron en ámbitos rurais.

As cifras detalladas son as seguintes:

  • Ardaña 1
  • Berdillo 3
  • Bértoa 2
  • Cances 1
  • Carballo 3
  • Entrecruces 5
  • Zona Baldaio 2
  • Razo 3
  • Sofán 6
  • Goiáns 1
  • TOTAL 27

No que levamos de ano, o servizo municipal de control de pragas ten retirado xa 62 niños primarios e 40 secundarios, estes últimos de anos anteriores que permaneceron ocultos ata agora. As persoas que localicen un niño poden dar aviso ao 112 ou ao 012 para que se poñan en contacto co servizo municipal de control de pragas, que se encargará da súa retirada nun prazo máximo de 48 horas.

Compartir: