Inicio Carballo ao día Hemeroteca Xa se pode utilizar a contenerización...

MEDIO AMBIENTE

Xa se pode utilizar a contenerización soterrada na rúa da Coruña

Martes 11 de xullo do 2006

A iniciativa, cofinanciada con fondos europeos de cohesión, permitirá facilitarlle á veciñanza a recollida selectiva e posterior reciclaxe dos residuos sólidos. Outras das ventaxes da contenerización soterrada son que facilita a recollida selectiva na orixe, elimina os malos olores e reporta unha mellora estética importante. O pasado 8 de xuño asinouse a acta de recepción correspondente á obra, polo que o Concello pasa a asumir a explotación, mantemento e conservación. As obras contaron cun orzamento de 55.720 euros e prolongáronse por espazo de menos dun mes. Os colectores están instalados á altura do Padroado Deportivo Municipal.

Compartir: