Inicio Carballo ao día Hemeroteca Volven os bailes dos domingos ao Pazo da Cultura...

Volven os bailes dos domingos ao Pazo da Cultura e aos centros sociais das parroquias

As sesións musicais organizadas pola Concellaría de Terceira Idade recuperan o seu horario habitual despois do verán

Sábado 7 de setembro do 2019 Participación veciñal

Despois de dous meses acudindo ao Pazo da Cultura todos os sábados pola tarde, os/as asiduos/as ás sesións musicais organizadas pola Concellaría de Terceira Idade recuperan as súas citas habituais dos domingos. Será a partir de mañá e no horario de costume de 17.45 a 20.45.

Arrinca un novo “curso” tamén para o baile, e a Concellaría de Terceira Idade recupera as sesións itinerantes polos centros sociais das parroquias con música en directo, esta temporada co Dúo Marineda. O horario será de 18.00 a 21.00, e o calendario para as vindeiras semanas é o seguinte: 

  • Berdillo: 29 de setembro
  • Sofán: 6 de outubro
  • Imende-Noicela: 13 de outubro
  • Cances: 20 de outubro
  • Ardaña: 27 de outubro
  • Oza: 3 de novembro

Compartir: