Inicio Carballo ao día Hemeroteca A exposición de Alberto Ferreiro permanece...

CULTURA

A exposición de Alberto Ferreiro permanece no Museo de Bergantiños até o vindeiro venres

Martes 11 de xullo do 2006

O autor da mostra reflicte nas súas creacións a preocupación polo deterioro do medio ambiente. Alberto Varela Ferreiro naceu en Carballo en 1963 e é licenciado en Belas Artes, especialidade Deseño, pola Facultade San Jordi Universidad de Barcelona. Actualmente traballa como deseñador gráfico. Participou en varias revistas e fanzines como A ameixa Cacofónica, Take de Tinta e máis recentemente na coñecida revista Golfiño. Foi gañador de varios certames de debuxo e ilustración a nivel nacional e realizou varias exposicións tanto a nivel nacional como internacional. Como autor ten publicado na colección de literatura infantil Merliño Brrumm-Brrumm e en Merlín tres volumes da súa obra infantil Anamarciana da que se realizou unha pequena exposición na Ludoteca Municipal no ano 2003.

Horario do Museo

Con motivo do verán, durante os meses de xullo e agosto a Oficina de Turismo e o Museo de Bergantiños amplían o seu horario habitual. O novo horario é os martes e xoves, de 10.30 horas a 14.00 horas pola mañá e de 18.00 horas a 21.00 horas pola tarde. Os mércores e venres, de 10.30 horas a 14.00 horas pola mañá e de 18.00 horas a 20.00 horas pola tarde. Os sábados abre de 12.00 horas a 14.00 horas e os domigos de feira de 11.00 horas a 14.00 horas.

Compartir: