Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comeza con moita animación e un bo ritmo...

ACHÉGATE ATA O DOMINGO AO 2º ANDAR DO MERCADO MUNICIPAL

Comeza con moita animación e un bo ritmo de vendas o Mercadillo do Centro Comercial Aberto

O alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, e a concelleira de Contratación, Milagros Lantes, visitaron os stands

Venres 20 de setembro do 2019 Carballo ao día

Xosé Regueira e Evencio Ferrero, con Germán Riveiro, da directiva do CCA

Xosé Regueira e Evencio Ferrero, con Germán Riveiro, da directiva do CCA

A decisión de abrir xa o venres pola tarde semella todo un acerto, xa que o Mercadillo do Centro Comercial Aberto (CCA) comezou con moitísima animación e un bo ritmo de vendas. 22 establecementos carballeses participan nesta segunda edición: O barco dos soños, Retoños, Modas Suárez, Menos 15, A fragua de Mo, A Fragua Kids, Adamela, Atelier, Alesi, Akira, Miriñaque, Poppy, Amar Moda, Bambalina, Dress, DV Carballo, Maker Store Necos, Regalosyregalitos.com, Style, Sueño de Hadas e Zapatillería Isabel, que poñen a disposición do público o stock da tempada de verán a moi bos prezos.

Nalgúns momentos da tarde mesmo se produciron colas á entrada do Mercado Municipal, que volve a ceder a súa planta alta para o Mercadillo. Entre o numeroso público que quixo “estrealo” tamén estiveron o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, e a concelleira de Contratación, Milagros Lantes, que non marcharon coas mans baldeiras.

Mañá sábado o Mercadillo estará aberto de 10.00 a 14.30 e de 16.30 a 21.00 horas, e o domingo 22 de 10.00 a 15.00 horas.

Compartir: