Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellaría de Facenda enviou aos...

A Concellaría de Facenda enviou aos fogares carballeses máis de 17.000 cartas informativas sobre a campaña do IBI e o IAE

O período voluntario para o pago de ámbolos tributos está aberto ata o 20 de novembro

Xoves 26 de setembro do 2019 Carballo ao día

Dende a Concellaría de Facenda remitimos este ano aos fogares carballeses máis de 17.000 cartas para informar aos contribuíntes sobre os recibos correspondentes a campaña de recadación dos impostos sobre bens inmobles (IBI) e sobre actividades económicas (IAE).

O período voluntario de pago está aberto ata o 20 de novembro. Os/as contribuíntes que non teñan domiciliados os recibos poderán facelos efectivos nas oficinas do Servizo de Recadación Municipal, na rúa Camiño Novo, nº 7, entreplanta Galerías Comerciais, de luns a xoves en horario de 09:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:30, e os venres de 08:00 a 14:00 horas. Tamén se poden domiciliar os recibos ata o día 11 de outubro nas propias oficinas da Recadación. Os cargos nas contas bancarias realizaranse a partir do 16 de outubro.

Ao mesmo tempo, están a disposición da veciñanza os padróns do Imposto sobre Bens Inmobles, nas súas modalidades rústica, urbana e de características especiais, así coma do Imposto sobre Actividades Económicas, que poden consultarse no Servizo de Xestión Tributaria do Concello de Carballo.

Compartir: