Inicio Carballo ao día Hemeroteca A limpeza do Anllóns coordinada por Senda...

A limpeza do Anllóns coordinada por Senda Nova pon de manifesto a importancia da sensibilización medioambiental

O voluntariado que participou na xornada, entre o que estivo o concelleiro de Medio Ambiente, recolleu 170 quilos de residuos e una moto

Martes 1 de outubro do 2019 Carballo ao día

Entre os/as participantes estivo o concelleiro de Medio Ambiente

Entre os/as participantes estivo o concelleiro de Medio Ambiente

O río non é un vertedoiro, pero vese que hai xente que pensa o contrario. Doutro xeito non se explica non só o volume, senón o tipo de residuos que atoparon este domingo no Anllóns os/as participantes na limpeza simultánea de ríos organizada, un ano máis, por Adega e coordinada no noso caso por Senda Nova coa colaboración do Concello de Carballo.

A limpeza realizouse entre A Ponte de Bértoa e O Bosque, o mesmo treito que o ano pasado para poder comparar. En dúas horas e media, as 14 persoas participantes, entre as que se atopaba o concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Vales, retiraron 170 quilos de residuos (máis ou menos coma o ano pasado), fundamentalmente escombros, plásticos e, sobre todo, toalliñas, que xa son un problema en todo o mundo occidental polos graves problemas que causan nas depuradoras e o custe económico e medioambiental que supón o seu uso.

Entre os residuos atopados figura unha moto

Entre os residuos atopados figura unha moto

Pero ademais atopáronse restos metálicos, e incluso unha motocicleta. “Este achado obrigou a poñer a situación en coñecemento das forzas de seguridade, que procederon á verificación do vehículo”, explican dende a asociación Senda Nova. A experiencia puxo de manifesto que é moi importante seguir traballando na sensibilización medioambiental da poboación para evitar que os nosos ríos acaben convertidos en vertedoiros.

Compartir: