DESCARGA AQUÍ O DOCUMENTO
Resolución provisional da convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais
Xoves 3 de outubro do 2019 Deporte
O Concello de Carballo fai pública a resolución provisional da convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais para actividade física e deportiva de inicitativa privada co patrocinio municipal para a tempada 2019-20. O obxecto da convocatoria é a asignación de usos das instalacións deportivas municipais para o desenvolvemento de actividade deportiva (adestramentos, competicións e organización de eventos deportivos) para entidades deportivas e/ou educativas sen ánimo de lucro do municipio de Carballo.
Instalacións
- Complexo deportivo Vila de Noia: pavillón e piscina.
- Complexo deportivo Carballo Calero: pavillón e piscina
- Completo deportivo As Eiroas (Bértoa): campos de fútbol principal e anexo
- Campo de fútbol O Carral (Sofán)
- Campo de fútbol As Pedreiras (Berdillo)
- Campo de fútbol CEIP Gándara-Sofán
- Pavillón CEIP Gándara-Sofán
- Pavillón IES Parga Pondal
- Pavillón IES Monte Neme
- Pavillón CEIP Fogar
- Pavillón CEIP Xesús San Luís Romero
- Ximnasio CEIP Xesús San Luís Romero
- Pavillón CEIP Nétoma-Razo
- Ximnasio IES Alfredo Brañas