A Xunta de Goberno Local deu luz verde a varias licenzas para proxectos empresariais
Aprobadas as bases da competición de webseries e do premio ao proxecto de webserie en galego do 7º Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay
Luns 4 de novembro do 2019 Carballo ao día
A construción de naves no polígono de Bértoa é cons
A Xunta de Goberno Local aprobou na sesión ordinaria de hoxe varias licenzas urbanísticas, varias delas para proxectos empresariais. No parque empresarial de Bértoa recibiu luz verde a construción dunha nave industrial destinada a instalación de sistemas de climatización, fontanería, caldeiraría e contra incendios cun orzamento de execución matrial de 235.310,40 euros. Tamén recibiu o visto bo o proxecto de execución cun centro xestor de residuos non perigosos nos terreos da antiga mina de Santa Lucía, que ten un orzamento de 691.017,60 euros. Así mesmo, a Xunta de Goberno aprobou a legalización dunha construción destinada a granxa de gando ovino e almacén de produtos agrícolas en Bértoa.
Fóra da orde do día recibiron o visto bo as bases da competición de webseries e do premio ao proxecto de webserie en galego do Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay 2020.