Inicio Carballo ao día Hemeroteca Alumnado do CEIP Bergantiños protagonizou...

Alumnado do CEIP Bergantiños protagonizou a primeira visita do curso á Casa do Concello

Un total de 75 nenas e nenos de 1º curso foron recibidos polo alcalde e outros membros da corporación

Mércores 20 de novembro do 2019 Carballo ao día

A recepción á rapazada realizouse no salón de plenos

A recepción á rapazada realizouse no salón de plenos

Os 76 alumnos e as alumnas de 1º curso de Primaria do CEIP Bergantiños protagonizaron a primeira visita do curso á Casa do Concello. A rapazada foi recibida polo alcalde, Evencio Ferrero, que nesta ocasión estivo acompañado polo concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, e pola voceira do PSOE, Mari Carmen Vila. Os nenos e nenas bombardeáronos a preguntas! 

Despois dese primeiro encontro, que lles permitiu coñecer de primeira man algunhas das cousas sobre o funcionamento da Administración Local que están estudando no cole, foron divididos en tres grupos para iniciar un percorrido por distintas dependencias municipais: a sala de informática, a oficina técnica, a Policía Local, a oficina de tramitación do DNI da Policía Nacional... E en agradecemento á visita foron agasallados con cadansúa mochila co lema eu❤️CARBALLO.

Compartir: