A demolición do muro de peche dunha parcela facilitará a mellora da accesibilidade na rúa Concepción Arenal
Nunha das marxes xa están listos os servizos urbanísticos e a partir de mañá comezarán a colocarse as lousas da beirarrúa
Xoves 28 de novembro do 2019 Carballo ao día
Hoxe procedeuse á demolición do muro
A rúa Concepción Arenal ten unha lonxitude de 80 metros e un ancho que oscila entre os 8,50 e os 4,85 metros da zona máis estreita, na confluencia con Vázquez de Parga, onde carece de beirarrúa por mor dunha edificación e un peche de parcela. Este último desapareceu hoxe, tras un acordo coa propiedade, o que facilitará a mellora da accesibilidade nese treito.
Os traballos nesta céntrica rúa comezaron fai un mes e avanzan a moi bo ritmo. De feito, nunha das marxes xa están listos os servizos urbanísticos e está previsto que a partir de deste venres 29 de novembro comece a colocación de lousa, polo que a beirarrúa quedará lista nun prazo aproximado dunha semana e xa poderá habilitarse para o tránsito peonil mentres se traballa nos servizos da outra beira.
Ademais de servizos completamente renovados, incluída a rede de augas pluviais, da que carecía ata agora, a rúa Concepción Arenal contará con zonas peonís de 2,5 metros de ancho con pavimento de granito e un carril de circulación de 3,50 metros, todo en plataforma única.