CONSULTA AQUÍ A LISTAXE
Recibidas 44 solicitudes para aprender a esquiar na “Campaña de Inverno 2020” que organiza a Deputación
Ao Concello de Carballo correspóndenlle 13 prazas, polo que o 16 de decembro ás 10.00 horas celebrarase un sorteo público
Xoves 5 de decembro do 2019 Deporte
O Concello de Carballo recibiu 44 solicitudes de participación na tradicional Campaña de Inverno que organiza a Deputación Provincial da Coruña para iniciar ao esquí a nenos e nenas de 11 a 15 anos. Ao noso concello correspóndenlle 13 prazas, polo que, como se establecía na convocatoria, realizarase un sorteo público. Será o día 16, ás 10.00 horas, na Casa do Concello, e terán preferencia os/as solicitantes que non participaran anteriormente.
Os nenos e nenas que resulten seleccionados no sorteo poderán iniciarse na práctica do esquí en Cabeza de Manzaneda na quenda comprendida entre o 7 e o 10 de febreiro. A cota de participación individual establecida pola Deputación da Coruña é de 85,00 €.
A listaxe pode descargarse máis abaixo.