Inicio Carballo ao día Hemeroteca Manicómicos aéreos presenta o...

CULTURA

Manicómicos aéreos presenta o venres o seu espertáculo ‘Rebambimba’

Xoves 20 de xullo do 2006

Manicómicos Aéreos faran que presenciemos unha peculiar loita por amor entre Bímbola e Bámbola que se desenvolverá nun espazo insólito, o ceo, e con "armas" tan peculiares como teas, trapecios, aros ou lume.

Maxia

Ademáis, o vindeiro domingo, 23 de xullo, e tamén dentro da programación do Verán Cultural, o mago Romarís presentará na Praza do Concello o seu espectáculo Triunfos Copas, a partir das 22,00 horas. Trátase dunha actuación que mistura maxia e humor e que sorprenderá ao público con feitos inverosímiles.

Noites de Cine

As Noites de Cine continúan esta noite coa proxección da película Charlie y la Fábrica de Chocolate na praia de Razo, a partir das 22,30 horas.

Compartir: