Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o orzamento para o 2020 cos votos en...

AS CONTAS ACADAN OS 25.972.402 EUROS

Aprobado o orzamento para o 2020 cos votos en contra de PP e TeGa e a abstención do PSOE

A corporación municipal celebrou este luns 23 de decembro o último pleno do ano

Martes 24 de decembro do 2019 Carballo ao día

Imaxe do pleno

Imaxe do pleno

Despois de dúas quendas de intervención por grupo e un debate que practicamente monopolizou a hora e media de pleno, a corporación municipal de Carballo aprobou o orzamento para o vindeiro ano cos 12 votos a favor do BNG, 3 abstencións do PSOE e 6 votos en contra de PP e TeGa. O documento económico, que acada os 25.972.402,37 euros, foi especialmente criticado polos dous últimos grupos, que o cualificaron como pouco ambicioso, mentres que para o goberno municipal é estratéxico e social.

O cadro de persoal tamén saíu adiante con 19 votos a favor e 2 en contra de TeGa. En materia de persoal presentouse, ademais, unha modificación da RPT (relación de postos de traballo), que contou co apoio dos 19 concelleiros e concelleiras de BNG, PP e PSOE, mentres que os 2 de Terra Galega abstivéronse.

A ordenanza reguladora das prestacións patrimoniais de carácter público non tributarias do Ciclo Integral da Auga foi aprobada por unanimidade. E no último punto de debate foi aprobada tamén por unanimidade a modificación puntual número 6 do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) por execución de sentenza.

Compartir: