Inicio Carballo ao día Hemeroteca Adxudicados por 359.612 euros dous novos...

Adxudicados por 359.612 euros dous novos proxectos para seguir estendendo o saneamento na zona rural

Hoxe celebrouse a última Xunta de Goberno Local deste ano, na que tamén foi adxudicado por tres anos o contrato de servizos bibliotecarios

Luns 30 de decembro do 2019 Carballo ao día

O Concello de Carballo está a realizar un importante investimento para estender o saneamento a todos os núcleos de poboación

O Concello de Carballo está a realizar un importante investimento para estender o saneamento a todos os núcleos de poboación

A Xunta de Goberno Local celebrou hoxe a súa última reunión do ano, na que foron adxudicados á construtora Vázquez y Reino dous novos proxectos de saneamento que nos permitirán seguir estendendo o servizo polas parroquias. O Concello de Carballo investirá, en total, 359.612 euros.

Na parroquia de Sofán está prevista a instalación de case tres quilómetros de rede entre A Piña e Evas, cun custo de 188.881 euros. Así mesmo, destinaranse outros 170.731 euros a levar o servizo aos lugares de O Pinar e Pedra do Sal (Lema), Vilar do Carballo (Oza), Razo da Costa e Santa Mariña (Razo). O prazo de execución das obras é de cinco meses nos dous casos.

Hoxe tamén foi adxudicado por tres anos, prorrogable por un máis, e por un prezo anual de 101.640 euros, o contrato de servizos bibliotecarios municipais á empresa LTM Servicios Bibliotecarios. Así mesmo, aprobouse a prórroga por un ano do contrato do gabinete de comunicación do Concello.

A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén ao pago de facturas por importe de 83.196,02 euros e a varias licenzas urbanísticas, unha delas para a construción dunha nova nave no polígono de Bértoa. Así mesmo, aprobouse a concesión das axudas para actividades de conciliación correspondentes ao verán do 2018 e unha nova convocatoria anual para o 2019 cun crédito de 15.000 euros.

Compartir: