Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberta de novo ao tráfico a rúa...

Aberta de novo ao tráfico a rúa Concepción Arenal tras as obras de reurbanización

Os traballos están rematados e só falta a instalación das novas luminarias e a plantación de árbores

Martes 21 de xaneiro do 2020 Carballo ao día

A rúa Concepción Arenal xa está aberta ao tráfico

A rúa Concepción Arenal xa está aberta ao tráfico

Hoxe quedou aberta de novo ao tráfico a rúa Concepción Arenal, despois das obras de reurbanización realizadas. O proxecto está rematado á espera da instalación das novas luminarias e da plantación de varias árbores.

O Concello de Carballo está a realizar un investimento de 184.525 euros na reurbanización da céntrica rúa, situada entre Vázquez de Parga e Valle Inclán, que tiña uns servizos urbanísticos moi antigos ou inexistentes, beirarrúas moi estreitas e mesmo carecía de paso peonil na esquina con Vázquez de Parga por mor unha edificación e un peche de parcela. Este último, tras acadar un acordo coa propiedade, puido ser derrubado, o que permitiu ampliar o ancho de vía nese treito.

Obras de arranxo na rúa Valle-Inclán

Obras de arranxo na rúa Valle-Inclán

Agora, ademais de dispoñer de redes de auga, saneamento e pluviais, telecomunicacións, gas e electricidade, para mellorar a accesibilidade habilitáronse amplas zonas peonís e un carril de circulación de 3,50 metros, todo en plataforma única.

Dentro do mesmo proxecto tamén se están a executar obras de reposición e mantemento dos adoquíns da rúa Valle-Inclán.

Compartir: