Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Concellaría de Igualdade amplía...

DESCARGA AQUÍ O IMPRESO DE SOLICITUDE

A Concellaría de Igualdade amplía as axudas para a conciliación aos servizos de madrugadores e comedor e ás actividades extraescolares

O prazo de solicitude estará aberto do 23 de xaneiro ao 6 de febreiro

Mércores 22 de xaneiro do 2020 Carballo ao día

A Concellaría de Igualdade e Benestar amplía a convocatoria de axudas para a conciliación da vida familiar co obxectivo de facilitar ás familias o acceso a servizos específicos que precisan por carecer de apoios no seu entorno. Deste xeito, ademais dos campamentos de verán, este ano tamén poderán subvencionarse os servizos de madrugadores e comedor e as actividades extraescolares en función dunha serie de requisitos que podes consultar nas bases axuntas.

As axudas, para as que están consignados 15.000 euros, van destinadas a familias con nenos/as ao seu cargo de 3 a 12 anos, ou ata 16 cando os/as menores teñan recoñecida unha discapacidade igual o superior ao 33%, para gastos realizados entre o 1 de xullo e o 30 de novembro do ano 2019 e sempre que non exista un recurso público que poida dar resposta ás necesidades da familia (plan Concilia, comedor escolar, actividades extraescolares das ANPA, etc.), é dicir, cando as familias precisen contratar este tipo de servizos fóra dos centros escolares para poder compatibilizar a vida familiar e laboral.

En detalle, considéranse actividades subvencionables as seguintes:

  • O coidado e transporte das persoas menores de idade por parte de escolas infantís ou centros de ocio, sempre que no centro educativo non estea instaurando o Programa Concilia do Concello de Carballo.
  • O servizo de comedor por parte de una entidade privada, sempre e cando exista incompatibilidade horaria dos proxenitores e que non se dispoña de praza de comedor.
  • As actividades extraescolares fóra do centro educativo sempre e cando non exista oferta por parte da ANPA ou outra entidade.
  • Os campamentos de verán.

O prazo de solicitude estará aberto dende o 23 de xaneiro ata o 6 de febreiro, ámbolos dous incluídos. O impreso de solicitude pode descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: