Inicio Carballo ao día Hemeroteca Últimos días de inscrición...

Últimos días de inscrición para o Carballo Trail Race 2020, que xa se achega aos 200 participantes

A proba organizada pola Concellaría de Deporte e a Agrupación Deportiva Media Ducia disputarase o sábado 2 de febreiro

Luns 27 de xaneiro do 2020 Deporte

O Concello de Carballo e a Agrupación Deportiva Media Ducia organizan o Carballo Trail Race 2020, proba oficial da Federación Galega de Atletismo (FGA) por pistas e camiños non asfaltados na súa meirande parte e con dous trazados en competición de aproximadamente 11 e 30 quilómetros. A carreira, que se disputará o 2 de febreiro e en cuxa organización colabora a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Carballo, estará supervisada polo Comité de Xuíces da FGA.

Nestes momentos contamos con preto de 200 participantes, e o prazo de inscrición está aberto ata o mércores 29 na web www.carreirasgalegas.com. O prezo é de 6 € para o trail curto e 10 € para o trail longo.

trail longo (30 km. e 900 metros de desnivel) sairá da praia de Razo e percorrerá a vía de acceso ao porto de Razo, Senda Pinos do Mar, lugar de Santa Mariña, cruce da estrada Razo-Aviño, subida a Monte Neme, cumio de Monte Neme, paso por debaixo da nova estrada Carballo-Malpica en Cances, cruce coa antiga estrada Carballo-Malpica en Cances, estrada DP 1908 nas antigas escolas de Cances e centro social, monte de Liñeiro, cruce DP1910 en Liñeiro, Monte de Vilanova, Muíño Rego de Liñeiro, Vilanova, A Constenla, Muíño da Torre, Ponte das Gargas, A Devesa, A Cepeira, Muíño do Quinto, cruce da rúa Fomento, rúa Río Anllóns, rúa Río Miño, San Martiño, cruce da rúa Milagrosa, paseo do Anllóns, rúa Vila de Negreira e meta na rúa Vila de Corcubión.

trail curto e xuvenil (11 km. e 500 metros de desnivel) tamén terá saída na praia de Razo e seguirá o mesmo percorrido que o trail longo ata chegar á meta de Cances.

A organización disporá avituallamento sólido e líquido nos seguintes puntos do percorrido: km. 8, cumio de Monte Neme (líquido); km. 11, local social de Cances, meta do trail curto (líquido e sólido); km. 20, Muíño da Torre (líquido e sólido); km. 25, A Cepeira (líquido).

Descargas

Compartir: