Inicio Carballo ao día Hemeroteca Dous podios para Carballo na terceira...

CARLOS LORENZO E GELI LÓPEZ, VENCEDORES ABSOLUTOS

Dous podios para Carballo na terceira edición do Trail Race, que congregou no noso concello a 246 deportistas

Os concelleiros Miguel Vales e Juan Seoane remataron nos postos 42 e 62, respectivamente

Luns 3 de febreiro do 2020 Deporte

O Trail Race deixounos imaxes espectaculares como esta de Raúl López

O Trail Race deixounos imaxes espectaculares como esta de Raúl López

Carlos Lorenzo (Carlos Lorenzo Blanco, del Club Xtosin Runners de Porto do Son, cun crono de 2:19:01) e Gely López (Running Arteixo, 3:13:43) foron os vencedores absolutos do III Carballo Trail Race, organizado polo Concello de Carballo e a A.D. Media Ducia e no que participaron 246 corredores/as. O segundo posto do poio masculino do trail longo (30 quilómetros ) foi para Marcos Trelles (AD Jarnachas, 2:21:03) e o terceiro, para o carballés Carlos Bardanca (Xesteiras, 2:23:22). Na categoría feminina tamén subiron ao podio López Ana Lago (Jarnachas, 3:15:01) e Inmaculada Cortón (Xtosin Runners, 3:15:40). O noso concello contou cunha boa representación, como reflicten os resultados, con 11 carballeses/as entre os/as 50 primeiros/as.

No trail curto (11 quilómetros) os mellores foron, en categoría masculina, Javier Seoane (Carballo, 1:01:13), Juan Ramón Balderrabano (Xtosin Runners, 1:02:31) e José Manuel Corral (C.A. Verxel, 1:04:49); e en categoría feminina, Paula Mayobre (Running Pinto, 1:08:05), Raquel González (Ferrol, 1:18:11), Paula Esteiro (Concobox, 1:19:04) e, como mellor carballesa, Fátima Cambón (décimo cuarta, 1:38:30).

Os concelleiros Miguel Vales e Juan Seoane, que tamén estiveron entre os participantes na proba máis dura, remataron nos postos 42 e 62, respectivamente. Entregou os premios e medallas o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo.



Galería

Compartir: