Inicio Carballo ao día Hemeroteca Moitas caras novas na comisión de festas...

Moitas caras novas na comisión de festas do San Xoán, que quedou constituída onte á noite

Maruxa Suárez Cotelo relevou a Mar Eirís Villar como concelleira de Festas

Mércores 5 de febreiro do 2020 Cultura

Xa temos comisión de festas, e ademais moi renovada. Ademais do relevo á fronte da Concellaría de Festas, na que Maruxa Suárez Cotelo substitúe a Mar Eirís Villar, incorpóranse ao equipo de traballo outras moitas caras novas. Pero a comisión é un grupo permanentemente aberto ás persoas que queiran aportar as súas ideas, polo que se estás interesado/a achégate ás oficinas do Pazo da Cultura ou chama ao 981 704 300 e deixa os teus datos para que poidan convocarte para a seguinte reunión.

Ademais de Maruxa Suárez, continúan na comisión de festas Gustavo Lorenzo, Sergio Varela, Inés Rodríguez, José Antonio Deus e Mari Pacoret, ademais da técnica de Cultura, Carmen Castro, en representación do Concello de Carballo. E incorporamos a César Souto, Paula Nogueira, Roberto Rancaño e Juan Marcos. Aínda que na primeira xuntanza houbo algunhas ausencias, todos e todas amosáronse moi ilusionados/as coa organización das celebracións de San Xoán, e máis aínda nun ano tan simbólico como este 2020.

A partir de agora queda moito traballo por diante para elaborar o mellor programa posible coas achegas de todas e todos.

Compartir: