Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os novos vehículos da Policía Local...

A XUNTA DE GOBERNO LOCAL ADXUDICOU O SUBMINISTRO POR RENTING DE 2 SUV

Os novos vehículos da Policía Local de Carballo estarán equipados con desfibriladores e cámaras de gravación

Os axentes recibirán un curso de formación teórica e práctica sobre o uso dos equipos

Luns 24 de febreiro do 2020 Carballo ao día

As instalacións deportivas municipais contan con desfibriladores dende fai varios anos

As instalacións deportivas municipais contan con desfibriladores dende fai varios anos

A Xunta de Goberno Local adxudicou na súa xuntanza de hoxe o contrato de subministro, por renting, de dous vehículos para a Policía Local. Tal como propuxo a mesa de contratación, a oferta aceptada foi a da empresa Grupivazgle, que dotará ao corpo policial de dous SUV Seat Ateca por un importe de 103.382,40 euros e un prazo de catro anos. 

Ademais do equipamento habitual neste tipo de vehículos que establece a lexislación vixente, neste caso inclúense, a maiores, desfibriladores, cámaras de gravación dianteira e traseira en tarxeta SD e, nun dos coches, un kit de transporte de detidos.

Dado que o prazo de entrega establecido é de 20 días a partir da formalización do contrato, a Concellaría de Seguridade ten organizado xa para o 11 de marzo, de 15.30 a 21.30 horas, un curso dirixido aos axentes da Policía Local, que recibirán formación teórico-práctica sobre os fundamentos da reanimación cardiopulmonar e o manexo de desfibriladores. O curso será impartido por Fernando Mosteiro Pereira, coordinador de transplantes do CHUAC, a través da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).

Compartir: