Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobadas novas licenzas para a...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobadas novas licenzas para a construcción de dous edificios

Mércores 26 de xullo do 2006

Outros acordos adoptados pola Xunta de Goberno Local foron a adxudicación das obras Urbanización en Constenda e Casadelas, cun prazo de execución de oito semanas, Afirmado de camiños en Cobas e Reboredos, tamén cun prazo de oito semanas, Afirmado de camiños en Rus, cun prazo de catro semanas e Beirarrúas en Oza, con catro meses de prazo execución . Ademáis, aprobáronse as autorizacións para sete novos vaos permantentes nas rúas Caravel, Avenida de Malpica, Brasil, Xerona, Vila de Corcubión, Mahón e no lugar de Arnados, en Razo. A Xunta de Goberno Local deu conta, ademáis, do convenio entre o entro o Concello de Carballo e as Escolas de Fútbol Luis Calvo Sanz para o II Torneo Internacional de Fútbol 7.

Compartir: