Inicio Carballo ao día Hemeroteca O CEIP A Cristina, un dos triunfadores do...

O CEIP A Cristina, un dos triunfadores do Campionato Provincial de Campo a Través cunha medalla de ouro e dúas de prata

Máis de 500 nenos e nenas de 66 centros escolares participaron na xornada deportiva

Venres 6 de marzo do 2020 Deporte

O CEIP A Cristina foi un dos triunfadores no Campionato Provincial de Campo a Través de Centros Educativos, que se disputou na zona verde do polígono de Bértoa. O colexio carballés sumou unha vitoria e dous segundos postos: o triunfo de Hugo García na categoría benxamín masculina e as medallas de prata de Tirso Ramos na carreira alevín masculina e do equipo benxamín masculino (formado por Hugo García, Nicolás Lema, Rodrigo Rama e Adrián Bustelo).

No polígono, que rexistrou un extraordinario ambiente que non desluciu a choiva, apenas presente durante as carreiras, déronse cita un total de 515 deportistas das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete de 66 centros escolares da provincia; deles, 19 corredores e corredoras, dos colexios da Cristina, Bergantiños, Fogar, Gándara-Sofán e Nétoma-Razo.

Entregaron os premios aos mellores o alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deporte, Marcos Trigo. Moitos parabéns a tod@s!

Descargas

Compartir: