Inicio Carballo ao día Hemeroteca O maratón “Enfócate cara a...

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O DÍA 12

O maratón “Enfócate cara a igualdade” reta á infancia, á mocidade e á poboación adulta a fotografar as desigualdades

A Concellaría de Igualdade instalará un stand informativo e lúdico sobre o feminismo este domingo, coincidindo coa feira e coa celebración do Día da Muller

Venres 6 de marzo do 2020 Carballo ao día

As representacións de

As representacións de "Invisibles" para estudantes e para o público en xeral forman parte da programación do 8M

A Concellaría de Igualdade trata de implicar a toda a poboación na loita contra a violencia de xénero e as desigualdades, e unha das accións encamiñadas a seguir avanzando na sensibilización pero tamén na participación social é o I Maratón fotográfico “Enfócate cara a igualdade”, que se celebrará o día 15 e co que lanzamos un reto tanto á infancia como á mocidade e á poboación adulta para que saian ás rúas a retratar as desigualdades. “A través da mirada das persoas participantes pretendemos promover unha concienciación sobre as desigualdades de xénero e a necesidade de que o conxunto da sociedade se implique para a visibilización dunha problemática social como é violencia de xénero”, explica a concelleira Maica Ures.

Para participar só tes que descargar a folla de inscrición que atoparás máis abaixo e presentala ata o día 12 no Centro de Información á Muller (CIM) ou a través do enderezo electrónico carballoennegro@gmail.com.

Hai tres categorías: infantil, ata os 13 anos; xuvenil, de 14 a 20, e sénior, a partir dos 20. E tamén hai catro premios, un por categoría e un cuarto especial para un veciño/a de Carballo. O premio para adultos consistirá en 500 euros en metálico e os demais, en vales de 100 ou 150 euros para gastar no comercio local.

NORMAS E DESENVOLVEMENTO DO MARATÓN

  • SAÍDA: Ás 10:30 horas do 15 de marzo darase saída ao maratón no Pazo da Cultura de Carballo. As persoas participantes deberán fotografar catro temas que serán facilitados pola organización na saída. Nese momento entregaráselle tamén a cada persoa participante o seu número de identificación e material que deberá empregar durante o maratón.
  • TEMAS E CONTROIS: As persoas participantes deberán realizar 4 fotografías, dúas por cada grupo temático. Os grupos temáticos son VIOLENCIA DE XÉNERO e a IGUALDADE DE OPORTUNIDADES. Todas as fotografías deberán realizarse dentro dos límites do municipio de Carballo. As persoas participantes deberán pasar os controis nos lugares e horas indicadas pola organización. Quedarán descualificadas aquelas persoas que non pasen polo controis obrigados no tramo e horario definido.
  • ENTREGA DE FOTOGRAFÍAS AO FINAL DO MARATÓN: As persoas participantes deberán entregar o CD facilitado pola organización, no lugar e hora sinalado o propio día na saída. As persoas participantes deberán entregar á organización o CD no que incluirán as catro fotografías que presenten a concurso. Se algunha persoa participante non pode facer a gravación do CD a organización disporá dun lugar habilitado para realizar a descarga das fotografías, que só poderán presentarse no material proporcionado pola organización.
  Para máis información podedes chamar ao 981 70 06 88.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Este domingo celébrase o Día Internacional da Muller, e a Concellaría de Igualdade convídavos a celebralo na rúa. “Queremos achegar o feminismo a toda a veciñanza cun stand onde haberá unha árbore das desigualdades  distintas actividades que nos farán reflexionar e trasladar á veciñanza de Carballo un concepto máis real do que moita xente pode entender como movemento feminista”, sinala a concelleira de Igualdade. A actividade convivirá coa feira dominical.

Descargas



Galería

Compartir: