Inicio Carballo ao día Hemeroteca 156 persoas mellorarán o manexo do...

156 persoas mellorarán o manexo do teléfono móbil nos cursos organizados polo Concello coa colaboración de Cruz Vermella

O primeiro celebrarase a partir de mañá martes no Centro Social de Sofán

Luns 9 de marzo do 2020 Carballo ao día

Cada alumno/a recibirá un manual de uso básico do móbil

Cada alumno/a recibirá un manual de uso básico do móbil

Un total de 156 persoas están anotadas para participar na segunda edición dos cursos para mellorar o manexo do teléfono móbil, organizados pola Concellaría de Terceira Idade e impartidos pola Cruz Vermella. O primeiro empezará mañá martes no Centro Social de Sofán, pero este ano acadouse o número mínimo de inscricións en sete parroquias. Aos veciños e veciñas dos lugares nos que non foi posible completar o grupo ofreceráselles a opción de acudir a outra parroquia.

En total están previstos 12 obradoiros, xa que na maioría das parroquias haberá dúas quendas. O calendario completo darase a coñecer nos vindeiros días. Os talleres constarán de tres sesións de dúas horas de duración cada unha.

Dende o Concello de Carballo agradecemos a colaboración da Cruz Vermella e tamén do movemento asociativo das parroquias, que se encargou da difusión da actividade e da recollida de inscricións, e agardamos que esta iniciativa, na que participaron o ano pasado un total de 280 persoas, permita aos nosos maiores seguir familiarizándose coas novas tecnoloxías de uso cotiá e cada vez máis xeneralizado.

Compartir: