Inicio Carballo ao día Hemeroteca Chegou á Casa do Concello o material...

Chegou á Casa do Concello o material enviado pola Xunta de Galicia para a protección do persoal municipal ante o COVID-19

Mércores 8 de abril do 2020 Carballo ao día

Este martes 7 de abril recibimos na Casa do Concello o material enviado pola Xunta de Galicia para a adopción de medidas de protección ante o COVID-19 dos traballadores e as traballadoras municipais máis expostos a un posible contaxio. O envío inclúe os seguintes produtos:

  • 5 buzos de propileno
  • 500 pares de luvas
  • 400 máscaras cirúrxicas
  • 5 botes de xel hidroalcohólico
  • 4 litros de lixivia
Todo material é pouco nas circunstancias actuais, e por iso agradécense todas as achegas, por pequenas que sexan. Grazas á previsión dos servizos municipais, o Concello de Carballo puido adquirir nos inicios da crise sanitaria un lote de equipos de protección individual que permiten aos profesionais das áreas de Seguridade, Sanidade, Servizos Sociais e Obras seguir desenvolvendo tarefas esenciais para que o confinamento da veciñanza sexa o máis levadeiro posible.

Compartir: