Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comunicado institucional polo falecemento do...

Comunicado institucional polo falecemento do ex-alcalde José Sánchez Vilas

Domingo 12 de abril do 2020 Carballo ao día

José Sánchez Vilas (Foto: La Voz de Galicia)

José Sánchez Vilas (Foto: La Voz de Galicia)

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, expresa o sentir da corporación e do persoal municipal polo falecemento de José Sánchez Vilas, primeiro rexedor da democracia no noso concello, e agradece, no nome de toda a cidadanía, o labor desenvolvido durante os 12 anos (1979-1991) que presidiu o goberno local.

A corporación municipal de Carballo amosa as súas condolencias á familia e persoas achegadas do ex-alcalde, que dedicou a súa vida profesional á actividade empresarial e que foi un dos impulsores do desenvolvemento industrial do noso concello como promotor do primeiro polígono de Bértoa.

En homenaxe a José Sánchez Vilas, o Concello de Carballo publicará mañá na prensa local cunha necrolóxica “In Memoriam” e a corporación municipal gardará un minuto de silencio na primeira sesión plenaria que se celebre tras o levantamento do actual estado de alarma.

Compartir: