Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo reforza as medidas de...

O Concello de Carballo reforza as medidas de prevención contra o coronavirus no Mercado Municipal

A Concellaría de Feiras e Mercados aproveitou a fin de semana para pintar marcas que garanten a separación entre os postos e a clientela

Martes 19 de maio do 2020 Mercado Municipal

A sinalización delimita o perímetro de seguridade de cada posto

A sinalización delimita o perímetro de seguridade de cada posto

Se te achegaches esta semana polo Mercado Municipal de Carballo xa puideches ver as novas marcas no chan que garanten a separación entre os postos de venda e a clientela. A Concellería de Feiras e Mercados aproveitou o peche de onte para pintar, establecendo, como podes ver na imaxe, un perímetro de seguridade en cada posto.

Esta nova acción vén reforzar as medidas de prevención contra o coronavirus no Mercado Municipal, como a instalación de carteis informativos, as desinfeccións en días alternos ou a limpeza diaria exhaustiva de cada un dos postos e dos espazos comúns. Por parte da cidadanía prégase que se adopten as medidas pertinentes, sobre todo no que respecta á distancia de seguridade e á prohibición de tocar os alimentos.

O Mercado Municipal de Carballo está aberto nesta Fase 1 do plan de desescalada en horario de 08:00 a 15:00 de luns a sábado e tamén os domingos de feira.

Compartir: