Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Unidade de Estranxeiría e...

A Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional volverá a abrir as súas portas o luns 25 para casos urxentes

O servizo funcionará con cita previa a través do teléfono 981 755 118, no que tamén se atenderán consultas que non requiran atención presencial

Venres 22 de maio do 2020 Carballo ao día

A oficina ten acceso directo pola rúa Cervantes

A oficina ten acceso directo pola rúa Cervantes

Entre os servizos que van empezando a retomar a súa actividade figura a Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional, que volverá a abrir as súas portas o luns 25 na planta baixa da Casa do Concello, aínda que, polo momento, cunha actividade moi reducida. De feito, só se atenderán casos urxentes e previa solicitude de cita no teléfono 981 755 118. Este mesmo número está dispoñible para todas aquelas persoas que desexen realizar algunha consulta que non requira atención presencial. 

A oficina estará atendida cada día por un/ha funcionario/a. As persoas usuarias deberán esperan no exterior para ser atendidas, e deberán acudir obrigatoriamente con mascarilla. O horario será o habitual, de luns a venres, de 09:00 a 14:30.

A Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional de Carballo tramitou o ano pasado un total de 14.273 documentos: 11.416 DNI e 2.857 pasaportes. O servizo leva xa tres anos en funcionamento e atende, fundamentalmente, á poboación da comarca de Bergantiños, aínda que ten usuarios/as de toda a provincia.

Compartir: