Os servizos administrativos do Concello de Carballo empezarán a funcionar a partir do luns 8 con cita previa
Co inicio da Fase 3 da desescalada tamén reabrirán os rexistros auxiliares do Pazo da Cultura, Servizos Sociais, Fórum e Deportes
Domingo 7 de xuño do 2020 Carballo ao día
O Concello de Carballo iniciará o luns 8, coincidindo co arranque da Fase 3 da desescalada, un proceso de reincorporación do persoal municipal que leva aparellada a implantación das medidas de protección necesarias para garantir a seguridade tanto dos traballadores e traballadoras coma das persoas usuarias dos servizos públicos. Como consecuencia da progresiva substitución do teletraballo polo traballo nas oficinas municipais tamén se restablecerá a atención presencial á cidadanía. Os distintos servizos administrativos empezarán a funcionar con cita previa naqueles casos nos que non sexa posible utilizar vías alternativas como o teléfono, o correo electrónico ou a sede electrónica, que nestes momentos resulta imprescindible potenciar como canles de comunicación habitual entre a Administración e a veciñanza.
Nesa liña, poñemos a disposición da veciñanza os enderezos de correo electrónico dos diferentes departamentos e servizos co obxectivo de evitar os desprazamentos aos edificios municipais:
Información xeral – infocarballo@carballo.gal
Correo para notificación electrónica – notificacioneselectronicas@carballo.gal
Secretaría Xeral – secretariamunicipal@carballo.gal
Contratación administrativa – contratacion@carballo.gal
Recursos humanos – xestiondepersoal@carballo.gal
Oficina Técnica Municipal – oficinatecnicamunicipal@carballo.gal
Servizos tributarios – servizostributarios@carballo.gal
Área económica e facturas – servizoseconomicos@carballo.gal
Recadación – recadacionmunicipal@carballo.gal
Servizos Sociais – ssociais@carballo.gal
Policía Local – policia@carballo.gal
Cultura – culturacarballo@carballo.gal
Deportes – carballodeporte@carballo.gal
Protección Civil – pcivil@carballo.gal
Promoción Económica – promocioneconomica@carballo.gal
Turismo – turismo@carballo.gal
Centro de Formación Fórum Carballo – centroformacionmunicipal@carballo.gal
Escola de Hostalaría – escoladehostalaria@carballo.gal
Bolsa de traballo – bdt@carballo.gal
As persoas que queiran solicitar cita para acudir a algún departamento municipal poden facelo por teléfono nos números que figuran na imaxe axunta.
Rexistros, deporte e bibliotecas
O luns 8 empezarán a funcionar os rexistros auxiliares das oficinas de Deportes, Cultura, Servizos Sociais e Fórum, en todos os casos previa cita, como xa vén funcionando durante todo o estado de alarma o Rexistro Xeral situado na planta baixa da Casa do Concello.
Tamén empezarán a funcionar con cita previa as piscinas e as salas de fitness dos complexos deportivos Vila de Noia e Carballo Calero, pero polo momento só para as persoas abonadas, que poden chamar ao 981702109 (ext. 2) de luns a venres de 09:00 a 13:00 e de 16:30 a 20:30 horas, e os sábados de 09:30 a 13:00 horas.
O sistema de cita previa xa se vén utilizando nos últimos días nas bibliotecas municipais para os préstamos de material. Abonda con chamar ao 981 704 041 (de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres) para poñerse en contacto coa Biblioteca Municipal do Museo ou ao 981 758 580 (de 10:00 a 16:00 horas, de luns a venres) para a Biblioteca Rego da Balsa, coa que tamén se pode contactar no correo electrónico biblioteca@carballo.gal.