Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo establece coas entidades...

O Concello de Carballo establece coas entidades un protocolo marco para o desenvolvemento das actividades de verán

As instalacións deportivas estarán listas para as actividades que se celebren a partir do día 1 de xullo

Sábado 20 de xuño do 2020 Deporte

A xuntanza celebrouse no salón de plenos

A xuntanza celebrouse no salón de plenos

O concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, e técnicos da área de deportes mantiveron unha xuntanza coas entidades que tradicionalmente veñen organizando escolas ou campus deportivos de verán nas instalacións do noso concello para analizar o marco legal no que deben desenvolverse este tipo de iniciativas e facilitar, en consecuencia, un protocolo marco que lles sirva como base á hora de aplicar a normativa vixente a cada unha das actividades previstas.

Na xuntanza participaron representantes de Escola Lubiáns, Balonmán Xiria, Escola Basket Xiria, Bergantiños FC e SD Sofán.

Os técnicos municipais realizaron unha explicación pormenorizada do marco legal vixente, ademais de facilitar ás entidades o protocolo marco para o desenvolvemento da actividade. O Concello de Carballo ademais pon a disposición as instalacións deportivas municipais para estas actividades, que as entidades pretenden poñer en marcha a principios de xullo.

Deste xeito, o goberno municipal materializa outro compromiso adquirido na rolda de conversas coas entidades deportivas para coñecer as súas prioridades como consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19, e que consistía en eliminar ou minimizar o peche de verán para que as entidades deportivas puidesen utilizar os equipamentos deportivos municipais durante os meses de xullo e agosto.

Compartir: