Inicio Carballo ao día Hemeroteca Cultura remitiu ao Concello o convenio para a...

OBRAS

Cultura remitiu ao Concello o convenio para a primeira fase do Centro Social de Berdillo

Xoves 3 de agosto do 2006

As obras da primeira fase do Centro Social de Berdillo inclúen actuacións en acondicionamento e entorno, pocería e saneamento, albañilería, soldados e alicatados, carpintería, fontanería e sanitarios, electricidade, pinturas, cerraxería e protección. O convenio viu a luz logo das dúas visitas que o director xeral de Cultura, Luis Bará, fixo a Berdillo. A confirmación da execución da primeira fase do Centro Social de Berdillo da resposta a unha vella demanda da parroquia, que levaba moitos anos pendente.

Compartir: