Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aberto o prazo de solicitude das...

Aberto o prazo de solicitude das subvencións anuais destinadas a financiar a actividade dos clubs e entidades deportivas

O Concello de Carballo incrementou un 10% as axudas para os proxectos de actividade xeral

Luns 29 de xuño do 2020 Deporte

Tras a publicación dos extractos das bases no Boletín Oficial da Provincia (BOP), comeza a contar o prazo de solicitude de subvencións do Concello de Carballo en materia de deporte. 

  • Programa de subvencións dirixidas a entidades deportivas para o financiamento da organización de actividades deportivas de carácter extraordinario durante o ano 2020: ata o 16 de xullo.
  • Programa de subvencións dirixidas a entidades deportivas para o financiamento da organización e participación en fases finais de ascenso a competicións nacionais e campionatos de España durante o ano 2020: ata o 19 de xullo.
  • Programa de subvencións dirixidas a entidades deportivas para o financiamento de proxectos de actividadade xeral durante o ano 2020: ata o 19 de xullo.
As bases das convocatorias poden descargarse máis abaixo. Calquera xestión ou consulta relacionada coas axudas será atendida polo servizo de Deportes, tanto presencialmente, previa cita; coma por teléfono ou por correo electrónico.

Este ano o Concello de Carballo mantén as tres liñas de axuda habituais, pero incrementa nun 9,89% a partida destinada ao financiamento dos proxectos de actividade xeral das entidades, que supón o groso das subvencións e acada os 100.000 euros. O importe subvencionable será do 70% do orzamento de gastos, ata un máximo de 20.000 euros por entidade.

Deste xeito, o goberno municipal materializa os primeiros compromisos adquiridos na rolda de conversas coas entidades deportivas para coñecer as súas prioridades como consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19. Por unha banda, o Concello de Carballo comprometeuse a manter ou incrementar, na medida do posible, as subvencións para a actividade xeral, e, por outra, a dotar ás entidades de liquidez convocando á maior brevidade as axudas para este ano, ademais de, chegado o momento, realizar o pago anticipado do 95% das cantidades concedidas.

Descargas

Compartir: