Inicio Carballo ao día Hemeroteca Avanza a bo ritmo a adhesión de empresas...

Avanza a bo ritmo a adhesión de empresas ao programa de tarxetas-bono “Sempre Carballo”

A campaña de reactivación da economía local está aberta a todas as pemes e autónomos que tiveron que paralizar a súa actividade por mor da COVID-19

Mércores 15 de xullo do 2020 Carballo ao día

Queremos que o plan de actuación para a reactivación da economía carballesa sexa o punto de partida para que o compromiso da cidadanía coas empresas locais poida consolidarse e estenderse no tempo. Por iso, o obxectivo das accións que levaremos a cabo será “Sempre Carballo”.

Con este lema arrincará a campaña das tarxetas-bono que empezaremos a distribuír nas vindeiras semanas dende a Concellaría de Promoción Económica. Pero agora é o momento das empresas, que aínda están a tempo de adherirse. Nestes momentos superamos as 200, pero non queremos que quede fóra ningunha. Por iso, lembrámosche que as únicas condicións para participar son que tiveses a túa actividade paralizada durante o estado de alarma e que dispoñas de TPV no teu negocio para que os cobros sexan instantáneos.

Comercio e hostalaría constitúen o groso das empresas adheridas, pero sexas do sector que sexas, se desenvolves a túa actividade en calquera das 18 parroquias do noso concello e reúnes os requisitos anteriores, tamén podes participar: ximnasios, academias de ensino, centros de ocio, escolas infantís, clínicas dentais ou de fisioterapia, inmobiliarias, salóns de peiteado...

As inscricións realizaranse a través do formulario ao que podes acceder premendo aquí. Calquera consulta ou dúbida relacionada co programa atenderase a través do correo electrónico promocioneconomica@carballo.gal.

Ligazóns

Compartir: