Inicio Carballo ao día Hemeroteca As bandeiras azuis ondean un verán...

As bandeiras azuis ondean un verán máis nas praias de Razo, Baldaio-Saíñas e Pedra do Sal

Os concelleiros Miguel Vales e Juan Seoane participaron no acto xunto co persoal do servizo de salvamento e socorrismo

Luns 20 de xullo do 2020 Carballo ao día

O izado das bandeiras realizouse o sábado

O izado das bandeiras realizouse o sábado

Os concelleiros de Medio Ambiente, Miguel Vales, e Seguridade, Juan Seoane, participaron este sábado nos actos de izado das bandeiras azuis nas praias de Razo, Baldaio-Saíñas e Pedra do Sal acompañados polo xefe de Protección Civil, Javier Souto, e membros do equipo de salvamento e socorrismo que presta os seus servizos nos areais.

Tamén se colocaron as bandeiras do proxecto Carballo é mar, que inclúe os certificados europeos ISO 14001 e EMAS, símbolos do compromiso do Concello de Carballo co desenvolvemento sostible dunha área tan sensible coma a nosa costa. Froito dese compromiso, este ano tamén renovamos o distintivo do sendeiro azul para a senda costeira que discorre entre Razo e Baldaio.

As bandeiras e os certificados europeos distinguen a boa calidade das augas de baño, dos areais e dos servizos que prestamos aos usuarios e usuarias das praias, nas que, ademais, por segundo ano consecutivo estamos a desenvolver un proxecto de sensibilización e educación medioambiental en colaboración cos colectivos ecoloxistas Hábitat, Adega e Senda Nova.



Galería

Compartir: