Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o proxecto básico e de...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o proxecto básico e de execución do local social de Berdillo

Luns 7 de agosto do 2006

A Xunta de Goberno Local procedeu á aprobación, igualmente, do expediente de contratación da obra Ordenación e urbanización de praza municipal en Bértoa. Elíxese como sistema de adxudicación o concurso con procedemento aberto, cun orzamento de 251.381,14 euros.

Licenzas

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén licenzas para a contrucción de tres edificios que albergarían un total de 47 novas vivendas. Ademais, aprobouse a construcción de dúas vivendas unifamiliares. No primeiro semestre deste ano 2006 tramitáronse, no núcleo urbano, licenzas para a construción de bloques de edificios para 306 vivendas. Nas zonas de núcleos rurais as solicitudes de licenzas foron de 26 para vivendas unifamiliares.

Outro dos acrodos adoptados na sesión foi a solicitude á Consellería de Presidencia da cesión en propiedade de material de primeiros auxilios e desfibriladores semiautomáticos externos para misións de Protección Civil. Trátase dunha padiola de pas, chaleco de estricación, xogo de férulas inchables, xogo de coariños multitalle, desfibrilador semiautomático externo, equipamento RCP e colchón de baleiro. Aprobáronse tamén autorizacións para tres novos vaos permanentes nas rúas Río Eume, Avenida de Razo e Rosas.

Compartir: