Inicio Carballo ao día Hemeroteca No primeiro mes do programa “Ti tes a chave” xa...

PARABÉNS, CARBALLO!

No primeiro mes do programa “Ti tes a chave” xa acadamos as dúas toneladas diarias de residuos orgánicos

A día de hoxe contamos con 925 familias e máis dun centro de grandes produtores adheridos

Sábado 22 de agosto do 2020 Carballo ao día

Posto informativo na rúa Coruña

Posto informativo na rúa Coruña

O primeiro mes de funcionamento do programa “Ti tes a chave” non podía rematar con mellor balance, xa que a día de hoxe contamos con 925 familias adheridas, ademais de máis dun cento de grandes produtores, e una media diaria de recollida de residuos orgánicos que xa acada as dúas toneladas.

O alcalde, Evencio Ferrero, quixo felicitar á veciñanza pola boa acollida que está a ter o programa, e animou aos carballeses e carballesas a seguir apostando por un sistema que contribúe á redución das emisións de CO2, garante un fertilizante de calidade coa recuperación dunha práctica tradicional do rural galego e reduce os custos do servizo de recollida de lixo, xa que o canon que pagamos a Sogama polo tratamento da 5ª fracción na planta de compostaxe é inferior ao da bolsa negra.

As persoas que queiran sumarse poden dirixirse á oficina de Carballo Limpo (galerías da rúa Desiderio Varela, 34) en horario de 10:00 a 14:00 ou achegarse os xoves e os domingos de feira ao posto que instalamos na rúa Coruña. Cada participante recibirá un kit que consta de un caldeiro de 10 litros de capacidade, tres atados de bolsas compostables personalizadas, un tríptico informativo e a chave para abrir os contedores marróns que temos distribuídos por toda a zona urbana. E se na túa rúa tamén fai falta non dubides en pedilo.

Compartir: