Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello de Carballo reforza o contrato do...

O Concello de Carballo reforza o contrato do servizo de limpeza dos colexios para que se cumpra o protocolo anti COVID-19

Hoxe comunicóuselle aos equipos directivos que xa están en marcha os trámites administrativos imprescindibles para modificar o contrato

Mércores 9 de setembro do 2020 Carballo ao día

O Concello de Carballo xa ten en marcha os trámites administrativos imprescindibles para modificar o contrato do servizo de limpeza dos centros escolares, e así se lles comunicou hoxe vía correo electrónico aos equipos directivos dos colexios afectados.

No comunicado, o goberno municipal expresa o seu apoio á comunidade educativa e a decisión de minimizar na medida do posible calquera risco de contaxio da COVID-19. Con esa intención, e “por responsabilidade, aínda tendo o convencemento de que as competencias corresponderían á Xunta de Galicia e sen ter recibido comunicación oficial sobre o protocolo que se debe aplicar, o Concello de Carballo asumirá a limpeza extraordinaria dos centros escolares”, sinala.

Deste xeito, por parte dos servizos administrativos municipais estase a traballar xa na modificación do contrato, que será ampliado e reforzado para cumprir coas directrices marcadas pola Administración autonómica á maior brevidade.

Compartir: