Inicio Carballo ao día Hemeroteca A brigada de prevención e loita contra os...

A brigada de prevención e loita contra os incendios forestais pon a punto as zonas máis sensibles nas marxes dos ríos

O equipo, que está formado por 8 persoas, traballa estes días na ribeira do Anllóns

Venres 11 de setembro do 2020 Carballo ao día

Camiñar polas ribeiras dos nosos ríos xa é un pouco máis doado, porque o traballo que está a realizar a brigada de prevención e loita contra os incendios forestais inclúe a posta a punto das zonas máis sensibles nas marxes dos ríos. Pero máis alá de poder pasear pola Ruta dos Muíños do Pan ou a Ruta dos Ríos, o obxectivo dos labores que se están levando a cabo é diminuír o risco de lumes.

A brigada de incendios, que traballa en coordinación do Servizo Municipal de Protección Civil, comezou a súa actividade en agosto e estará operativa durante tres meses.

A brigada está formada por 8 traballadores, que teñen como misión principal a extinción de incendios forestais. Pero o resto do tempo levan a cabo labores encamiñadas a previr ou, no caso de que se produzan, diminuír o risco de propagación dos lumes. Este tipo de traballos poden desenvolverse en faixas de xestión de biomasa ou nos terreos forestais de titularidade municipal ou de propiedade descoñecida, así como naqueles puntos concretos da rede viaria nos que sexa imposible limpar con medios mecánicos, tal como consta no convenio asinado entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Carballo.

A brigada de incendios, que traballa en coordinación do Servizo Municipal de Protección Civil, comezou a súa actividade en agosto e estará operativa durante tres meses.

Compartir: