Inicio Carballo ao día Hemeroteca A actividade da Escola de Natación...

A actividade da Escola de Natación volverá en outubro

As familias que queiran tramitar a baixa ou o adiamento na incorporación dos nenos e nenas poden comunicalo ata o día 18 deste mes

Luns 14 de setembro do 2020 Deporte

O Concello de Carballo recuperará no mes de outubro a actividade da Escola de Natación, dirixida a nenos e nenas de 3 a 10 anos de idade, cos 534 usuarios e usuarias que estaban participando antes do estado e alarma. Dadas as inquedanzas das familias e a incertidume existente en canto ás actividades grupais, dende a área de Deportes ofrécese ás familias a posibilidade de solicitar a baixa definitiva ou o adiamento na participación, conservando, neste último caso, a praza. Naqueles casos nos que se opte por unha desta dúas posibilidades debe comunicarse vía rexistro telemático do Concello de Carballo, enviando un e-mail a carballodeporte@carballo.gal ou presencialmente nas oficinas “Carballo Deporte”, na rúa Vila de Corcubión S/N. O prazo está aberto ata o 18 de setembro.

O decreto e as listaxes de participantes poden consultarse nos documentos axuntos.

Descargas

Compartir: