Inicio Carballo ao día Hemeroteca Asinado un convenio de colaboración entre...

Asinado un convenio de colaboración entre o Concello e Cáritas para o mantemento do centro de día Fogar de Bergantiños

Luns 21 de setembro do 2020 Carballo ao día

A sinatura do convenio realizouse na Alcaldía

A sinatura do convenio realizouse na Alcaldía

O alcalde de Carballo asinou hoxe un convenio de colaboración entre o Concello e Cáritas Parroquial de Bergantiños para o mantemento do centro de día Fogar de Bergantiños, situado en Berdillo. Ademais de Evencio Ferrero tamén asistiu a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, en representación do Concello de Carballo, mentres que por parte da entidade social estiveron o director de Cáritas Interparroquial de Bergantiños, Francisco Suárez; o director de Cáritas Diocesana, José Anuncio Mouriño, e o párroco de Carballo, José García Gondar.

O Concello de Carballo colaborará no sostemento do centro de día cunha achega de 15.000 euros, que Cáritas poderá complementar, se é o caso, con outras subvencións. A cambio, Cáritas comprométese a desenvolver a actividade conforme á normativa vixente e, entre outras medidas, a facilitar o acceso ao servizo de persoas propostas polos Servizos Sociais municipais.

Compartir: