Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local adxudicou na súa...

A Xunta de Goberno Local adxudicou na súa sesión de hoxe obras por importe de 837.144,55 euros

Luns 26 de outubro do 2020 Carballo ao día

A Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe cinco obras por un importe total de 837.144,55 euros. As actuacións que se levarán a cabo son as seguintes:

  • Ampliación das redes de saneamento e abastecemento de auga no lugar de Vella Morta (POS+ 2019): adxudicada á empresa Vázquez y Reino por 104.583,68 euros.
  • Mellora da capa de rodaxe no treito de vía que vai dende Canosa (Rus) ata Pereiro Vello (Entrecruces) (POS+2020): adxudicada a Arias Infraestructuras por 238.992,77 euros.
  • Reurbanización da rúa Perú (POS+2020): adxudicada a Vázquez y Reino por 188.266,01 euros.
  • Cicl-Ando Carballo. Lote 1. Senda 1: continuación senda ciclista e peonil Avenida de Bértoa-Polígono industrial de Bértoa (Feder): adxudicada a Vázquez y Reino por 225.780,89 euros.
  • Cicl-Ando Carballo. Lote 2. Senda 3: conexión carril bici existente en Avenida de Razo con carril bici existente no eixo Poñente-Fábrica-Avenida de Malpica (Feder): adxudicada a Construcciones López Cao por 79.521,20 euros.

Outros asuntos

A Xunta de Goberno Local tamén aprobou hoxe as bases específicas e a convocatoria para a selección de dúas prazas de oficial de policía, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2019 e 2020. O procedemento de selección será concurso de méritos mediante o sistema de mobilidade.

Entre os acordos adoptados tamén figuran os correspondentes á concesión de subvencións en materia deportiva, facturas por importe de 45.208,73 euros, licenzas urbanísticas e o prezo público do programa FormaCIP 2020, que será de 25 euros.

Así mesmo, deuse conta de varios convenios:

  • Coa Fundación ECOTIC e a Asociación Ambilamp para a recollida de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, cunha vixencia máxima ata o 31 de decembro do ano 2024.
  • Coa Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia para autorizar a dous alumnos a realizar as súas prácticas profesionais nas piscinas municipais.
  • Coa Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a implantación do sistema de xestión documental ARQA nos arquivos públicos municipais.

Compartir: